IniciosociedadeO Mercado Medieval de Mondoñedo celebrarase do 10 ao 12 de agosto

O Mercado Medieval de Mondoñedo celebrarase do 10 ao 12 de agosto

O Concello presentou o cartel da vixésimo sétima edición do evento e nos próximos días desvelará o programa

Publicada o

- Advertisement -

A vixésimo sétima edición do Mercado Medieval de Mondoñedo celebrarase os días 10, 11 e 12 de agosto. A alcaldesa mindoniense, a popular Elena Candia, participou na presentación do cartel do evento, que congregou a voluntarios e artesáns. O Concello organiza a cita coa colaboración da Deputación de Lugo e de Abanca.

Para coñecer o programa completo da cita haberá que esperar uns días, pero como en cada edición o casco histórico de Mondoñedo contará con postos de artesanía, alimentación e ambientación. Quenes se acheguen á cidade poderán desfrutar de demostración de oficios tradicionais e espectáculos de animación.

Ademais, este ano volverá haber degustación gratuíta de torresmos e viño e reforzaranse as actuacións musicais e medievais. A Escola de Música encargarase dun espectáculo teatralizado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...