IniciosociedadeA Xunta prevé rematar "na primavera" as obras de renovación da estación...

A Xunta prevé rematar “na primavera” as obras de renovación da estación de autobuses de Burela

Cinco empresas presentaron ofertas para a realización dos traballos, que contan cun orzamento de 72.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia anunciou que iniciará “antes de que remate o ano” as obras de mellora e modernización da estación de autobuses de Burelapara as que reserva un orzamento de 72.000 euros. A previsión do Goberno galego é que os traballos previstos estean rematados “na próxima primavera“.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que visitou a zona co alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, confirmou que cinco empresas teñen interese en executar estes traballos. Neste momento está en marcha o proceso de contratación de obra coa valoración das ofertas presentadas.

TAMÉN É APEADOIRO DO TREN

Balseiro fixo estas declaracións no transcurso dunha visita á estación na que deu conta do proxecto de actuacións previstas nunha infraestrutura que ten “moita afluencia diaria de viaxeiros, porque ademais de ser un punto de saída e chegada de autobuses comparte usos como estación ferroviaria“.

“A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade quere ofrecer unhas instalacións nas mellores condicións posibles e máis cómodas e seguras. Queremos tamén ampliar a información dispoñible, coa dotación no interior de letreiros informativos electrónicos”, explicou o delegado territorial da Xunta.

ACTUACIÓNS

Entre os traballos previstos está a mellora da cuberta, tanto da dársena como da propia estación, así como a renovación da rede de recollida de augas pluviais. Está previsto incorporar un sistema de ancoraxe, que permita traballar dun xeito máis seguro nas operación de mantemento e limpeza en altura.

O proxecto inclúe igualmente o pavimentado da zona de circulación de autobuses, que presenta nalgún puntos deterioro, coa correspondente reposición das marcas viarias.

Para ofrecer unha mellor comodidade e servizo aos usuarios da estación tamén está previsto ampliar o número de bancos na dársena de agarda e un novo rótulo identificativo da estación.

Ademais renovarase a instalación eléctrica, modernizaranse os baños e hai previstas outras melloras nos espazos comúns -sistemas de peche, portas, interruptores, pintado da totalidade das superficies e aplicación de tratamentos anticorrosión-.

CONSTRUCIÓN DO 1989

A construción da estación de Burela data do ano 1989, sendo unha das primeiras intermodais de Galicia. Está emprazada no centro da vila, na zona sur-suroeste nun entorno residencial relativamente novo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...