IniciosociedadeO PP de Viveiro alerta do deterioro dun edificio do casco, que...

O PP de Viveiro alerta do deterioro dun edificio do casco, que supón “risco de desprendementos”

A alcaldesa asegura que o mal estado do inmoble "non afecta á vía pública", polo que o Concello "non pode actuar de oficio", aínda que o expediente "segue aberto"

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Viveiro alertou este mércores da situación dun edificio en ruínas situado no número 16 da rúa Rosalía de Castro, no casco histórico viveirense. Os conservadores sinalan que o estado de deterioro do inmoble supón “risco de desprendementos” pois “caen cascotes, cristais, pedras e partes da balconada da edificación tanto á vía pública coma ao patio de luces de casas lindeiras”.

O grupo municipal popular instará a través dun rogo ao goberno local a que requiran á propietaria do edificio “que corrixa de inmediato o seu mal estado de conservación para garantir a seguridade de veciños e viandantes, antes de ter que lamentar algún incidente irreversible“. 

O PP viveirense solicita ao executivo municipal socialista que aplique a normativa de solo de Galicia así coma as normas estatais e o Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) en relación á conservación e rehabilitación de construcións.

PIDEN UN INVENTARIO DE INMOBLES MAL CONSERVADOS

Ademais, pide a elaboración dun novo informe sobre o actual estado do inmoble, e un dossier técnico “das edificacións que poidan estar nesta mesma situación no casco histórico” de Viveiro “para instar á súa reparación”.

O PP viveirense asegura que a veciñanza se dirixiu ao Concello para este propósito “sen obter resultados”. Así, explica que “a propietaria do inmoble lindeiro” púxose en contacto co goberno local en 2014 e 2015. Segundo os populares, o executivo municipal respondeu en 2017, “indicando unha proposta de orde de execución de obras no inmoble en ruínas”.

Teitume. AXM

Os populares de Viveiro preguntan se o Concello está a facer “seguimento do estado da edificación” e se “solicitou algún informe máis desde 2017”. Tamén interpelarán ao executivo municipal se a propietaria do edificio “paga o Imposto de Bens Inmobles (IBI)”.

LOUREIRO: “O PERIGO É CARA O INTERIOR”

A alcaldesa, a socialista María Loureiro, afirma que o deterioro do edificio “non afecta á vía pública”, polo que o Concello, argumenta, “non pode actuar de oficio“, pois arríscase “a unha sanción“. 

Loureiro expón que o Concello realizou “notificacións” aos propietarios do inmoble para instalos a facer reformas e que “técnicos municipais realizaron visitas“, pero insiste en que “o perigo” é “cara o interior” da propiedade privada.

A rexedora sostén que “se informou á veciñanza desta situación” e que os procedementos para actuar son longos. “Hai titulares que actúan, outros que non o fan e hai que aplicar sancións e tamén hai casos nos que se tarda en localizar aos donos”, explica, para concluír que “o expediente está aberto“. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...