Cabaliño de Pao arrinca cunha multitudinaria xornada de portas abertas

O centro ecuestre, único na comarca, botou a andar con actividades para nenos e uns pinchos

Xornada de portas abertas en Cabaliño de Pao, en verán do 2018 (foto de arquivo). AXM

O centro ecuestre Cabaliño de Pao celebrou hoxe a súa apertura cunha xornada de portas abertas que congregou a ducias de persoas no conxunto histórico-artístico de Sargadelos. Trátase da única empresa destas características na Mariña.

Na inauguración do negocio, que rexentan Raúl Fraga e Ofelia Río, os moitos nenos que se achegaron a Sargadelos poideron dar un paseo nas eguas coas que conta o centro ecuestre. Ao remate da actividade houbo un ágape para todos os asistentes.

A apertura congregou a moitos nenos, que poideron dar paseos nas eguas. AXM

O Centro de e Empredemento e Artesanía do conxunto histórico-artístico de Sargadelos conta por agora con tres empresas; ademais de Cabaliño de Pao, haberá un negocio de artesanía e outro de alimentación ecolóxica.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here