A retranca dos pensionistas: crean unha tarxeta reivindicativa

O 'documento' insta a reclamar os dereitos sociais, laborais e sanitarios como mellor garantía de desfrutalos

Concentración dos pensionistas de Barreiros e Foz. AXM

Como cada xoves, os pensionistas de Barreiros manifestáronse diante do Concello por unhas pensións dignas e con poder adquisitivo. Na súa concentración desta semana tiveron o apoio do colectivo de xubilados de Foz.

Os manifestantes tiraron de retranca para crear a súa propia tarxeta socio-sanitaria, co obxectivo revindicar os seus dereitos sociais, laborais e sanitarios en calquera parte. No canto de achegar prestacións, a ‘documentación’ expedida polo colectivo barreirense convida a participar en protestas sempre que a atención sanitaria ou as pensións estean en cuestión.

Reparto da tarxeta. AXM

SUBA DO IPC

Os pensionistas mostraron o seu descontento coa suba do 1,6% nas pensións, ao ter en conta o comportamento do Índice de Prezos de Consumo (IPC), que se situou nun 2,2% no pasado mes de maio. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here