O PP de Ribadeo pediralle á Xunta que arranxe o Gregorio Sanz

O voceiro municipal e deputado, Daniel Vega, solicitará unha reforma integral do centro educativo no Parlamento galego

CEIP Gregorio Sanz. GOOGLE MAPS

O deputado popular Daniel Vega anunciou que lle solicitará á Xunta de Galicia a reforma integral do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo.

O tamén voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular adiantou que levará ao Parlamento galego unha iniciativa para “acometer obras de mellora nas instalacións” do centro público que, detalla, o curso pasado contou con 411 alumnas e alumnos de infantil e primaria.

Vega explicou que a remodelación pretende “garantir a funcionalidade das instalacións e o desenvolvemento da actividade educativa de forma eficiente e en condicións de seguridade

DEMANDA DA COMUNIDADE EDUCATIVA

O popular remarcou que a mellora das instalacións responderá ás demandas da comunidade educativa e da Anpa A Faxarda. Lembrou que a proposta era parte do programa electoral da formación nas pasadas edicións.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here