IniciosociedadeRibadeo destaca o incremento de pernoitas na vila durante o verán

Ribadeo destaca o incremento de pernoitas na vila durante o verán

Burela tamén fai un balance positivo dos meses estivais no que as visitas ao barco museo medraron un 18 por cento

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo mantén a súa posición de liderado en canto ao número de visitantes entre os concellos da Mariña. Segundo os datos ofrecidos polo Concello, máis de 40.500 persoas pasaron polas oficinas de turismo do centro da localidade e da praia das Catedrais durante o mes de agosto. Súmanse ás 25.000 que se rexistraron en xullo, repetindo os datos do pasado ano.

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, sinalou “a tendencia á alza das persoas que pernoitan en Ribadeo”. Segundo explicou, unha de cada tres persoas que visitan os puntos informativos aloxanse en establecementos da localidade, deixando unhas cifras de ocupación entre “o 95 e o 100%”, detallou.

O turismo español segue a ser maioritario -máis do 90%- pero desde o consistorio destacan o crecemento de visitantes de países como Italia ou Rusia, que “duplicaron os do ano pasado”.

Neste senso, Vizoso remarcou o “tirón do Camiño Norte“, que atraeu peregrinos de ata 40 países. 665 solicitaron información na oficina de turismo.

AS CATEDRAIS, 126.000 VISITAS EN AGOSTO

As Catedrais confirmouse como gran polo de atracción de visitantes á comarca e como icona turística de Galicia.

Segundo os datos da consellería de Medio Ambiente, o areal recibiu 126.000 persoas durante o mes de agosto. As reservas para baixar á praia esgotáronse 26 días consecutivos.

Barco museo Reina del Carmen. TURISMO GALICIA

MEDRAN AS VISITAS AO BARCO MUSEO DE BURELA

O Concello de Burela fixo balance do mes de agosto, no que se rexistraron 3.371 visitas á oficina de turismo. Dúas de cada tres persoas sinalaron achegarse á localidade por primeira vez, segundo destacaron desde o consistorio no que valoran “moi positivamente” a campaña estival.

O edil de Turismo, Ramiro Fernández, destacou o incremento do número de persoas que pasaron polo barco museo, 1.900, “un 18% máis que o ano pasado”.

Ademais, remarcou o “éxito” de dúas iniciativas postas en marchas nos dous últimos anos,  a ruta da lonxa, que fixeron 1.200 persoas en agosto, e as rutas xeolóxicas.

“Burela estase consolidando como un destino familiar, un turismo tranquilo, gastronómico e que deixa un aporte económico no pobo”, sinalou Fernández.

Trátase de turistas procedentes doutros puntos do Estado na súa práctica totalidade. Un de cada tres son residentes en Madrid.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...