IniciosociedadeCase 2.800 estudantes de ESO e Bacharelato formaranse na Mariña Lucense

Case 2.800 estudantes de ESO e Bacharelato formaranse na Mariña Lucense

Comezarán o curso o vindeiro luns, ao igual que o alumnado da FP, sobre o que aínda non hai datos pois a matrícula permanece aberta

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 2.789 alumnos de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) e de Bacharelato comezarán o vindeiro luns, 16 de setembro, o curso nos centros educativos da Mariña Lucense, segundo datos achegados pola Consellería de Educación.

No tocante á ESO, A Pontenova contará con 72 estudantes; Alfoz, con 74; en Burela formaranse 340 alumnos; en Cervo, 92; en Foz, 189 no ensino público e outros 186 no concertado; en Mondoñedo, 192.

En Ribadeo estudarán 258 alumnos no ensino público e outros 159 no concertado; Viveiro acollerá 548 estudantes, polos 78 de Xove. Deste xeito, son 2.188 os estudantes da ESO matriculados na bisbarra.

Con respecto ao Bacharelato, só ofertan esta formación os centros educativos dos municipios de Burela, Cervo, Foz, Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro.

En Burela comezarán o curso 146 alumnos; en Cervo, 27; en Foz, 91; en Mondoñedo, 36; en Ribadeo, 115 e en Viveiro 186, para un total de 601 estudantes.

MENOR PESO DO BACHARELATO NO CONXUNTO DA PROVINCIA

Os 2.188 alumnos da ESO na Mariña representan o 23,81% dos matriculados na provincia de Lugo (un total de 9.187). No tocante ao Bacharelato, os 601 estudantes dos centros educativos mariñaos supoñen o 19,4% do global provincial (3.099).

FORMACIÓN PROFESIONAL

Tamén comezarán o curso o luns os estudantes da Formación Profesional (FP), aínda que por agora a Consellería non ofrece os datos ao non estar pechada a matrícula nas especialidades desta rama.

SETE ERASMUS+ NO IES DE FOZ

Durante o mes de setembro, segundo informou o IES de Foz, realizaranse sete mobilidades de alumnado e profesorado dentro do programa Eramus+.

Estudantes do Ciclo Medio de Cociña realizarán prácticas na rexión de Antalya (Turquía) e alumnas do Ciclio Superior de Dirección de Cociña traballarán en Matera (Italia) durante dous meses. Ademais, profesores do centro formaranse en Baden-Wurtemberg, Alemaña, sobre como funciona o sistema educativo alemán.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...