IniciosociedadeRematadas as obras de humanización na área da Aldea de Cervo

Rematadas as obras de humanización na área da Aldea de Cervo

Cun investimento de medio millón de euros, as actuacións incluíron a renovación das redes de abastecemento e saneamento e a renovación da calzada, con espazos para peóns

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo recepcionou as obras de humanización de varias rúas do núcleo urbano da capital municipal que se acometeron nos últimos meses na zona da Aldea.

As obras, que contaron cun financiamento próximo ao medio millón de euros por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, afectaron a área comprendida entre as rúas Calabadexo, da Aldea e Xosé Álvarez.

As actuacións consistiron na renovación das redes de abastecemento e saneamento, o soterramento das redes de iluminación pública, subministro eléctrico e telefonía, a renovación da calzada e a instalación de novo mobiliario urbano.

Isto permitiu, entre outras melloras, dotar de hidratantes e bocas de rego ás rúas e independizar as redes de sumidoiros de augas pluviais e residuais, evitando que as primeiras discorran ata a depuradora e aumentando, por elo, o rendemento do sistema.

Pola súa banda, resalta o Concello, a canalización soterrada do cableado tamén supuxo unha mellora estética, que se suma á renovación da pavimentación da cazada, con espazos diferenciados para os peóns e para o tráfico rodado.

FINANCIDAS INTEGRAMENTE POLA XUNTA

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, reiterou o seu agradecemento á Administración autonómica pola financiación íntegra deste proxecto “para a renovación integral de servizos e infraestruturas; e a mellora da imaxe desta zona tradicional e senlleira da capitalidade municipal mantendo a esencia que a caracteriza e que a fai tan singular”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...