A Devesa pon o broche de ouro ao Ribadeo Indiano

O Círculo Habanero da localidade foi o epicentro da última xornada dun evento multitudinario

Grupo no Círculo Habanero da Devesa. VANESA GÓMEZ LOURIDO

Ribadeo quedou pequeno para acoller os milleiros de persoas que se sumaron ao Festival Indiano. As modas e os sons de ultramar tomaron as rúas creando un ambiente propio de principios do século XX, cando os emigrantes que fixeran fortuna en América comezaban a regresar á casa.

Desde o inicio das festas, o venres á tarde coa presentación oficial desta quinta edición –adicada a Uruguai-, a vila foi escenario de conferencias a redor do legado cultural dos indianos, actuacións musicais, recreacións e espectaculos teatrais. Unha programación pensada para ser vivida nas rúas, que foron un fervedoiro de xente, especialmente o sábado.

LUGAR EVOCADOR

Esta viaxe atrás no tempo concluíu este domingo no que, tras outra animada mañá en Ribadeo, o Círculo Habanero da Devesa se converteu no epicentro da celebración. Baixo as evocadoras palmeiras dunha das casas indianas que embelecen o lugar, os asistentes –vestidos coas mellores galas- disfrutaron dun xantar campestre, unha obra de teatro e a música da Rondalla Armonía e do grupo Son con Swing.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here