IniciosociedadeO Concello encargará un estudo para cuantificar o custo de demoler a...

O Concello encargará un estudo para cuantificar o custo de demoler a grada da Marosa

O edil de deportes referiuse á posibilidade de que haxa que prescindir da ubicación actual dos vestiarios, soterrados, "e cambialos ao pé" do campo de fútbol

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela anunciou este martes que encargará un estudo económico para cuantificar o custo da demolición da grada do campo de fútbol da Marosa, sede do equipo xuvenil e sénior da Sociedade Deportiva (SD) Burela, que sofre un problema estrutural.

Así o anunciou o concelleiro de deportes, o socialista Ramiro Fernández Rey, que expón que “o que máis présa corre agora mesmo” é “saber canto pode custar” a demolición da grada afectada, “que é o que máis nos urxe e o que nos recomendaron os técnicos”.

PROBLEMA “PREOCUPANTE”

Fernández Rey sinala que “o seguinte paso será facer un proxecto para unha grada nova, ver que alternativas temos e que tipo de grada queremos”. Neste senso, o edil referiuse á posibilidade de que haxa que prescindir dos vestiariossoterrados dentro da estrutura- e ubicalos “ao lado do campo. Temos que mirar se podemos conservar esa situación ou cambialos de lugar”, explica. 

O concelleiro argumenta que as deficiencias estruturais da grada do campo de fútbol de herba artificial “é un problema que apareceu nestas últimas datas, que nos preocupa bastante e que queremos deixar resolto o antes posible“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...