IniciosociedadeMondoñedo, Riotorto e Trabada pedirán fondos á Xunta para unha rede conxunta...

Mondoñedo, Riotorto e Trabada pedirán fondos á Xunta para unha rede conxunta de servizos sociais

Os tres concellos mariñaos, xunto con Abadín, asinarán un convenio para ofrecer atención psicolóxica e outras prestacións á poboación en risco de exclusión social

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo impulsará, xunto cos gobernos locais de Abadín, Riotorto e Trabada, un convenio a través do que se solicitarán subvencións á Xunta de Galicia para programas de emerxencia social e inclusión da poboación xitana e inmigrante, a fin de xestionar un servizo de educación e apoio familiar para as familias en risco de exclusión social.

Así o anunciou a alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, que lembrou que os municipios citados “xa traballan” xunto con Barreiros, Lourenzá e A Pastoriza “para configurar unha rede de servizos sociais ampla e de calidade, co fin de garantir unha intervención social eficaz, personalizada e de proximidade”.

De recibir as axudas, prevese que o servizo se leve a cabo en todos os municipios que participan nesta iniciativa, “como mínimo un día por concello”, expón Candia.

A rexedora mindoniense explica que o acordo aspira a facilitar “que as familias adquiran as habilidades necesarias para o adecuado desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas. Quérese poñer a disposición dos usuarios atención psicolóxica, ademais de recursos e itinerarios socioeducativos”, remarca.

Outro dos obxectivos é “favorecer a integración das familias e unidades de convivencia en todos os ámbitos da vida comunitaria, así como previr situacións de vulnerabilidade ou risco social”. Igualmente, promoveranse “espazos de encontro de nais e pais” para unha “formación compartida” e “mellora da educación familiar”.

O TRABALLO “EN REDE”, “CHAVE” PARA OFRECER ATENCIÓNS

Deste xeito, afirma Candia, “por un lado perséguese incrementar, mellorar e acercar os servizos sociais aos cidadáns que máis os necesitan. Por outro, búscase unha maior eficiencia no uso dos recursos públicos”, resume.

Candia argumenta que “o alto custo de servizos sociais de calidade que se consideran imprescindibles” require “a colaboración das administracións locais”, especialmente “nun contexto de crise económica”. Así, sostén que “o traballo en rede” é a “vía axeitada” para que os municipios poidan ofrecer estas prestacións, dado que “de modo individual, polas súas limitacións económicas, teñen moi difícil poder facelo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...