IniciosociedadeO Ribadeo Indiano atraeu "50.000 asistentes", segundo a organización

O Ribadeo Indiano atraeu “50.000 asistentes”, segundo a organización

Concello e Acisa estiman que o evento congregou a "10.000 persoas máis ca o ano pasado", e cifran o seu impacto económico en tres millóns

Publicada o

- Advertisement -

O Ribadeo Indiano congregou a 50.000 persoas nos tres días de festa e deixou un impacto económico no municipio de tres millóns de euros. Son os datos que deixaron as primeiras estimacións da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autonómos (Acisa) e mailo Concello, organizadores do evento.

A partir das primeiras estimacións sobre a ocupación hostaleira, a agrupación de comerciantes fala dun incremento de “10.000 persoas con respecto ao ano pasado” e califica a cita de “éxito rotundo”. O presidente da Acisa, Francisco Iriarte, asegura que o Ribadeo Indiano converteuse na “festa máis importante da localidade”.

OS MUNICIPIOS LIMÍTROFES, “BENEFICIADOS”

Ademais, Iriarte resalta que o impacto económico do evento xa beneficia a outros municipios limítrofes. “Tiñamos tanta xente que era imposible comer en Ribadeo e afectou a Vegadeo, Tapia, Foz ou Barreiros”, precisa.

O presidente do colectivo de empresarios ribadense afirma que, de cara á vindeira edición, a festa ampliará a súa oferta, “pero sobre todo no lúdico e no cultural, porque o Ribadeo Indiano é cultura”.

NO 2019, DO 12 AO 14 DE XULLO

A edil de turismo ribadense, Ana Martínez, sostén que o Concello ten “unha satisfacción plena pola asistencia e a participación nas actividades”. A concelleira anunciou ademais que a vindeira edición do Ribadeo Indiano será na segunda semana de xullo, do día 12 ao 14.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...