A A-8, cortada desde a tarde do mércores no Fiouco pola néboa

O tramo entre Mondoñedo e Abadín permanece pechado pola falta de visibilidade, que compromete a seguridade dos usuarios

Baliza anti-néboa no Fiouco. EFE

EFE. Os densos bancos de néboa que dificultan a visibilidade e condicionan a seguridade dos usuarios obrigaron a manter cortada ao tráfico a autovía A-8, en ambos sentidos da circulación, no tramo entre Mondoñedo e Abadín.

Segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico (DGT), a denominada Autovía do Cantábrico permanece cortada desde o pasado mércores -18 de setembro- ás 16.46 horas, concretamente entre os quilómetros 536 e 552, no tramo que se corresponde co Alto do Fiouco.

DESVÍOS POLA N-634

Como vén sendo habitual nestes casos, a Garda Civil habilitou desvíos alternativos a través da estrada Nacional-634 ao seu paso polo municipio de Mondoñedo. Podes consultar neste mapa da DGT a evolución do tráfico na autovía, que ás 10.31, hora de peche desta información, fica cortada.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here