IniciosociedadeVerdina de Galicia recollerá faba fresca na súa nave de Mondoñedo

Verdina de Galicia recollerá faba fresca na súa nave de Mondoñedo

As instalacións de San Lázaro permanecerán abertas polas mañás para a recepción da leguminosa, que se comercializará con dúas das principais empresas estatais deste produto

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Produtores de Faba Verdina de Galicia presentou este xoves as súas novas instalacións. A nave, ubicada no barrio mindoniense de San Lázaro, albergará tanto as oficinas da agrupación de produtores como un centro de xestión de leguminosa fresca.

Unha vez rematadas as labores de acondicionamento, consistentes na preparación dos distintos espazos de traballo, comezará a actividade de xestión de faba fresca, que se desenvolverá en colaboración con dúas das principais comercializadoras deste produto a nivel nacional, e que realizará integramente nas instalacións de Verdina de Galicia.

Segundo sinalan desde Verdina de Galicia, a leguminosa “é un producto con moita demanda no mercado, e nesta época do ano está no seu momento álxido pois vén de ter lugar a súa colleita“. As instalacións de San Lázaro permanecerán abertas para a recepción de faba fresca, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00 horas, e o sábado pola mañá previa cita.

Posteriormente, o produto someterase a un control de calidade según os estándares das distintas empresas comercializadoras, para posteriormente pesalo e envasalo, permanecendo dende este momento almacenado en cámaras frigoríficas á espera de ser expedido, saíndo das instalacións a cargo da empresa comercializadora e nas cantidades que esta requira.

PRODUTORES DE MONDOÑEDO, TRABADA E LOURENZÁ

A Asociación de Productores de Faba Verdina de Galicia naceu a pasada primavera co obxetivo de apoiar e promocionar a actividade dos productores desta especie e coa vista posta na súa comercialización directa, tanto no mercado galego como a nivel nacional. Está constituida por produtores de Mondoñedo, Trabada e Lourenzá. A Mariña Lucense é
precisamente unha referencia na producción deste tipo de leguminosas, debido á idoneidade do solo e do clima.

GARANTÍA DE ORIXE E CALIDADE

Así, a primeira tarefa da Asociación foi poñer en marcha a marca Faba Verdina de Galicia, que permitirá aos consumidores coñecer a súa orixe. Neste proxecto, a agrupación contou co apoio do Concello de Mondoñedo, que busca deste xeito “contribuír á dinamización do sector primario do municipio e da Mariña en xeral, apoiando proxectos que reforcen a imaxe dos seus produtos agroalimentarios“. A Consellería de Medio Rural tamén respaldou esta iniciativa. O acto foi presidido pola alcaldesa mindoniense, a popular Elena Candia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...