IniciosociedadeA Festa da Faba contará cun stand lila para previr a violencia...

A Festa da Faba contará cun stand lila para previr a violencia machista

A técnico social e a educadora familiar do Concello concienciarán na Praza do Conde Santo sobre unha lacra que nos últimos días cobrouse a vida de catro mulleres en España

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Lourenzá instalará un stand lila na vixésimo novena edición da Festa da Faba, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, para sensibilizar á cidadanía sobre as violencias machistas. Esta iniciativa foi presentada pola alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra.

A rexedora explicou que “o obxectivo é informar, divulgar e sensibilizar a cidadanía sobre as violencias machistas. O punto de información estará situado na praza do Conde Santo en horario de 11.00 a 15.00 horas, onde a técnico social e a educadora familiar do Concello informarán sobre distintas cuestións relacionadas coa violencia de xénero. Así mesmo repartirase entre todos os asistentes material informativo para concienciar sobre a importancia de loitar e acabar con esta lacra machista”, expuxo López.

Dengra e López. AXM

NOITE VIOLETA

A alcaldesa anunciou tamén que “desde este venres e ao longo de toda a semana o Concello de Lourenzá tinguirase de violeta en repulsa aos asasinatos machistas, ás manadas e ás agresións sexuais”.

Municipios como Viveiro, Foz, Barreiros ou O Valadouro sumáronse á convocatoria de Emerxencia Feminista. Consistorios como o focego ou o valadourense ou a porta de Carlos V viveirense luciron así de violeta para protestar contra a violencia machista; nos últimos días, catro mulleres foron asasinadas en Valga e outra en Madrid.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...