IniciosociedadeO PP confirma a licitación da mellora da EDAR de Viveiro e...

O PP confirma a licitación da mellora da EDAR de Viveiro e aféalle ao BNG “sementar dúbidas”

A plataforma veciñal Pro Celeiro e maila formación nacionalista dubidaran do anuncio realizado pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) emitiu este domingo un comunicado no que confirma que a Xunta de Galicia abriu o pasado venres o prazo de contratación das obras para a ampliación e mellora da estación depuradora de augas residuais (EDAR), para as que xa se poden presentar ofertas ata o 24 de outubro, trala publicación da licitación no portal de Contratos de Galicia.

A plataforma veciñal Pro Celeiro e mailo BNG espuxeran as súas dúbidas sobre a licitación do proxecto anunciada pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. O grupo conservador “lamenta” que os nacionalistas “pretenderan, co gallo da visita da eurodeputada Ana Miranda, restar valor” respecto dos “compromisos” da Xunta co saneamento da ría de Viveiro.

O PP aclara que a recente reforma da normativa “xa non obriga a publicar esta licitación no DOG pero si nesta plataforma de contratación, que ten plenos efectos xurídicos”. A formación conservadora considera “curioso” que “unha eurodeputada descoñeza deste xeito o procedemento administrativo ou, se non o fai, intente enganar aos veciños sementando falsas dúbidas ao respecto”.

EMISARIO

Os populares remarcan “a disposición” da Xunta para “completar a obra da depuradora” coa de substitución do emisario submariño roto que verte augas fecais sobre o estuario, e esperan que “tanto o Concello como o departamento estatal de Costas”, que deben informar o proxecto, “teñan idéntico compromiso e celeridade”.

No tocante ás críticas da plataforma por non convocar á alcaldesa de Viveiro para a rolda de prensa na que a conselleira anunciou a licitación do proxecto, os populares salientaron “que non hai razón para entender que exista falta de respecto institucional”, pois viña precedida dunha reunión coa plataforma veciñal, na que “por expreso desexo” deste colectivo “non estaban convocados partidos nin outras institucións”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...