IniciosociedadeAlfoz creará unha bolsa de vivendas baleiras públicas e privadas para facilitar...

Alfoz creará unha bolsa de vivendas baleiras públicas e privadas para facilitar o seu aluguer

O Concello rehabilitará escolas rurais para facilitar o acceso a un fogar e chama á veciñanza a reunións para coñecer as vantaxes dos arrendadores que se adhiran ao programa

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz realizará ao longo do mes de outubro reunións nas parroquias para informar sobre medidas a tomar contra o despoboamento do rural, entre elas a a creación dunha bolsa de vivendas públicas e privadas para ofrecer en arrendamento, a fin de facilitar o acceso ao fogar ás familias con menores ingresos. A primeira das xuntanzas será o vindeiro mércores, día 2, na escola do Pereiro ás 20.00 horas.

Esta medida enmárcase no Plan Vivendas Baleiras, do que participa o Concello de Alfoz a través dun convenio do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e a Fegamp.

CONTRA O DESPOBOAMENTO

Entre as vantaxes para os arrendadores, segundo expón o goberno local, está contar sen custe cun seguro multirriscos para o fogar e outro de garantía da reclamación do cobro da renda nas mensualidades impagadas, asumido directamente polo IGVS e a Fegamp durante o tempo de vixencia do contrato. Os participantes tamén poden optar a determinadas axudas para mellora das viviendas.

No caso dos demandantes, deberán acreditar atoparse nunha situación persoal ou familiar que supoña unha dificultade para acceder a unha vivenda de alugueiro no mesmo municipio.

Os interesados en poñer as súa vivendas en réxime de aluguer terán que anotarse no Concello no rexistro correspondente. As persoas interesadas en alugar unha vivenda tamén se inscribirán no consistorio e en función dunha serie de criterios -idade, familias numerosas, familias monoparentais, con maiores de 65 anos, dependentes- terán maior preferencia de acceso á estas vivendas, que contan cunha renta reducida de como máximo 250 euros ao mes.

REFORMA DOS COLEXIOS DE LAGOA, REIRADO OU AS OIRAS

O Concello de Alfoz anunciou que rehabilitará diferentes escolas municipais para incluilas tamén na bolsa de vivendas baleiras. A primeira será a da Pinguela (Lagoa), “onde se recuperará a planta superior para habilitala como vivenda, quedando a planta inferior como ata o de agora como local social”, expón o goberno local.

As escolas de Reirado, As Oiras ou O Pereiro serán acondicionadas igualmente, mantendo os espazos de local social para as actividades das respectivas asociacións veciñais e usando outras zonas independentes como vivenda.

TABOLEIRO DE ANUNCIOS NA WEB

Finalmente, o Concello creará un taboleiro de anuncios na web municipal onde se poderá poñer información das vivendas que os seus propietarios desexen vender, coa foto da vivenda, a súa localización e o teléfono de contacto. O goberno local expón que “só porá un espazo dentro da páxina a disposición da veciñanza, non intervindo de ningunha maneira nas transaccións”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...