IniciosociedadeCoñece o programa da Romaxe Viquinga do Vicedo

Coñece o programa da Romaxe Viquinga do Vicedo

O Concello presentou a terceira edición do evento na Casa de Galicia de Madrid

Publicada o

- Advertisement -

O Concello lucense do Vicedo presentou este martes na Casa de Galicia de Madrid a terceira edición da Romaxe Viquinga, que se celebrará os días 27 e 28 de xullo. A principal novidade do evento é a participación da asociación irlandesa Lake Vikings, que tomará parte no desembarco e representará enterramentos viquingos

VENRES

A Romaxe Viquinga terá á praia de Area Grande, tamén coñecida como San Román, como epicentro. A celebración comezará na tarde do venres. O actor Antonio Durán ‘Morris’ pronunciará o pregón na casa da cultura, nun acto previsto para as 19.50 horas. A continuación, haberá unha serie de conferencias relacionadas co xacemento dos Moutillós e as últimas novidades nas excavacións. A xornada festiva rematará cun pasarrúas de tropas cristiás e viquingas e un roteiro de tapas.

Programa da festa. AXM

SÁBADO

A xornada do sábado comezará coa apertura, desde as 10.30 horas, dun campamento viquingo, que recreará oficios e costumes da época. A mediodía terá lugar a recreación do desembarco dunha nave normanda. Os invasores enfrontaránse aos autóctonos nun espectáculo que contará con animacións musicais, a cargo da compañía Queiman e Pousa.

Ao longo da tarde haberá numerosas actividades, ata a noite, cando se celebrará o enterro viquingo, do que se encargará a agrupación irlandesa Lakes Vikings, e espectáculos de música e lume.

POSTA DE LONGO EN MADRID

Na presentación interviñeron o alcalde-presidente do municipio, Jesús Novo, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, o senador José Manuel Barreiro e o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...