Este venres, temporal costeiro na Mariña con ondas de catro a cinco metros

A alerta amarela, a de menor grao de perigosidade da escala, activarase ao mediodía

Temporal costeiro. EFE

A Mariña Lucense estará este venres, 27 de setembro, en alerta amarela por temporal costeiro. Segundo o boletín de tempo meteorolóxico publicado por Meteogalicia, agárdanse ondas de catro a cinco metros de altura.

As borrascas que se desprazan polo Atlántico norte, explica a Unidade de Observación e Predición Meteorolóxica dependente da Consellería de Medio Ambiente, formarán ondas que chegarán ao litoral galego cunha altura superior aos catro metros.

AVISO ACTIVO TODA A XORNADA

O aviso amarelo activarase na bisbarra sobre as 12.00 horas do venres e permanecerá activo durante o resto da xornada, ao igual que na provincia de Pontevedra, mentres que na Coruña a advertencia -a de menor grao de perigosidade na escala- aplicarase desde as 9.00.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here