IniciosociedadeO xeriátrico de Cervo abre cun "40%" de ocupación

O xeriátrico de Cervo abre cun “40%” de ocupación

Os primeiros usuarios do servizo, con 54 prazas de residencia e 25 de centro de día, están a ser atendidos

Publicada o

- Advertisement -

A residencia-centro de día de Cervo, situado na zona da Veiga, en San Cibrao, está en funcionamento cunha ocupación “do 40%”, segundo expón o alcalde cervense, o popular Alfonso Villares. A falta polo momento dun acto oficial de inauguración do servizo, e dunha data concreta para o evento, os primeiros usuarios xa están a ser atendidos.

O xeriátrico dispón dun total de 54 prazas de residencia e 25 de centro de día e o rexedor espera que aumente a demanda nos próximos meses. “Foron entrando os primeiros clientes. Contamos cunha ocupación do 40% e agardamos que en xullo e agosto cheguen, pouco a pouco, máis persoas e deste xeito cubrir por completo a oferta”, asegura Villares.

CREACIÓN DE EMPREGO

O goberno local agarda que a residencia-centro de día supoña tamén un pulo para o emprego no municipio. A previsión do Concello é que se podan crear ata 20 ou 25 postos de traballo, en función da demanda que haxa do servizo, que require de profesionais da psicoloxía, auxiliares de enfermería, xerocultores, animadores socioculturais, limpiadores ou cociñeiros.

INMOBLE LISTO NO 2012

O inmoble estaba listo -rematado e equipado- para o seu uso desde o 2012. Villares xustifica o tempo que transcorreu ata a apertura pola intención do goberno local de asumir a xestión do servizo, o que non foi posible. “Agardamos por unha retirada da lei de administracións locais que non foi para adiante e daquela axilizamos a externalización, que é a única saída que nos quedaba”, explica.

DOUS ANOS DE ADXUDICACIÓN

Neste senso, o rexedor resalta que se acordou un contrato por dous anos coa adxudicataria do servizo, a Asociación Edad Dorada Mensajeros de la Paz Castilla-La Mancha y Galicia. A duración do pacto permitirá “que a seguinte corporación que goberne en Cervo poda avaliar se o desexa outros proxectos distintos. Cremos que o prioritario é sempre a calidade da asistencia”, sinalou o alcalde. 

Para Villares, a apertura trátase dunha “moi boa nova, porque poñemos a funcionar un servizo moi importante e que naceu para quedarse”.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...