IniciosociedadeA pastelería Anduriña presenta unha tarta baseada na Fonte da Zapata

A pastelería Anduriña presenta unha tarta baseada na Fonte da Zapata

O doce, que se compón de froitos secos, venderase no negocio e na basílica de San Martiño de Mondoñedo

Publicada o

- Advertisement -

A pastelería Anduriña de Foz, que rexentan Ramón Castro e Mari Trigo, porá este xoves á venta A Zapata do Milagre de San Gonzalo, unha tarta baseada na lenda da fonte do mesmo nome e que se poderá mercar -a un prezo de dez euros– tanto no establecemento coma na basílica de San Martiño de Mondoñedo.

O doce, segundo explicaron os seus propios creadores, componse de masa follada artesá, noces, pasas, piñóns, améndoas e cabelo. Trátase “dunha tarta de froitos secos, que se conserva perfectamente durante 21 ou 22 días”, aseguraron os pasteleiros, que resaltan que “detrás desta creación hai traballo, cariño e ilusións. Agardamos que este manxar viaxe por toda a xeografía española e si pode ser máis lonxe tamén”, concluíron.

A tarta, presentada este mércores na sala Queralt do centro de interpretación da basílica, levará unha tarxeta que explica a lenda da fonte da Zapata, que brotou, segundo á fábula, por milagre do bispo San Gonzalo.

“PROMOCIÓN” DO MUNICIPIO

Acudiron á presentación do doce unhas cincuenta persoas. Estiveron presentes o alcalde, Javier Castiñeira, e o presidente de Acia-CCA de Foz, José Carlos Paleo. O rexedor felicitou aos pasteleiros “polo seu carácter emprendedor” e asegurou “que se trata dunha idea interesante para promocionar o noso pobo por toda España a través da gastronomía”. O primeiro edil focego resaltou ademais o elevado número de visitas25.000 anuais– que ten a basílica, “un conxunto histórico impresionante”.

Pola súa banda, o presidente do colectivo de comerciantes, valorou a iniciativa porque “pon en valor o que temos: a gastronomía e a riqueza patrimonial e cultural de Foz. O dinamismo dun negocio amósase con novas ideas, novas propostas coma esta, que darán impulso á basílica e ao museo”, rematou Paleo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...