Barreiros foi o cuarto concello de Galicia con maior taxa de carga poboacional no terceiro trimestre do ano 2017, segundo un informe do Instituto Galego de Estatística publicado este luns. Isto supón que é un dos municipios galegos que máis poboación aumenta en verán en función do número de residentes.
Segundo a análise, cuxo resumo podes consultar integramente nesta ligazón, o municipio barreirense experimentou no terceiro trimestre do ano unha taxa de carga poboacional do 136,65%.
Este valor defínese como a porcentaxe que representa o número de habitantes asumido temporalmente respecto á poboación residente. Así pois, será superior ou inferior ao 100% segundo o concello soporte máis ou menos poboadores dos que indica o seu número de veciños, é dicir, a poboación que soporta de máis ou de menos con respecto á súa demografía habitual.
1.089 PERSOAS MÁIS
Deste xeito, Barreiros, con 2.971 habitantes naquela altura, asumiu no terceiro trimestre de 2017 un total de 4.060 persoas (+1.089), polo que estivo sometido a un 36,65% máis de poboación da que indica o seu número de residentes.
Sanxenxo foi o concello con maior taxa de carga de poboación (186,06%) nese período do exercicio 2017; en Mondariz-Balneario, alcanzou o 162,14%; no Grove, o 143,88%.
O IGE atribúe os resultados de Barreiros “á entrada de non residentes
por motivos de turismo ou estancias en segundas vivendas“.
FOZ, O SEGUNDO CONCELLO DA MARIÑA
A táboa permite comprobar a incidencia do verán na Mariña Lucense. Tras Barreiros, Foz é o municipio que recibe un maior impacto, incrementando a súa poboación neste período en 2.272 persoas (un 22,57% máis).
Ribadeo foi o terceiro dos municipios mariñaos con maior taxa de carga de poboación (118,89%) e Trabada o cuarto (111,45%), afirmando o liderado neste apartado da Mariña oriental (119,78% de media) sobre A Mariña central (109,7%) e A Mariña Occidental (107,52%), na que sobresaíron O Vicedo (109,9%) e Viveiro (108,89%).
ESPAZO |
CARGA POBOACIÓN |
RESIDENTES |
SALDO POBOACIONAL |
TAXA DE CARGA POBOACIÓN |
2705 Mariña Central |
32532 |
29656 |
2876 |
109,7 |
27002 Alfoz |
1.941 |
1.807 |
134 |
107,42 |
27902 Burela |
10.052 |
9.758 |
294 |
103,01 |
27019 Foz |
12.338 |
10.066 |
2.272 |
122,57 |
27027 Lourenzá |
2.227 |
2.251 |
-24 |
98,93 |
27030 Mondo. |
3.984 |
3.748 |
236 |
106,30 |
27063 Valadouro |
1.990 |
2.026 |
-36 |
98,22 |
2706 Mariña Occ. |
27.445 |
25.525 |
1.920 |
107,52 |
27013 Cervo |
4.590 |
4.258 |
332 |
107,80 |
27038 Ourol |
1.121 |
1.068 |
53 |
104,96 |
27064 Vicedo, O |
1.909 |
1.737 |
172 |
109,90 |
27066 Viveiro |
16.525 |
15.176 |
1.349 |
108,89 |
27025 Xove |
3.300 |
3.286 |
14 |
100,43 |
2707 Mariña Or. |
19.442 |
16.232 |
3.210 |
119,78 |
27005 Barreiros |
4.060 |
2.971 |
1.089 |
136,65 |
27048 Pontenova |
2.500 |
2.354 |
146 |
106,20 |
27051 Ribadeo |
11.597 |
9.754 |
1.843 |
118,89 |
27061 Trabada |
1.285 |
1.153 |
132 |
111,45 |
27054 Riotorto |
1317 |
1288 |
29 |
102,25 |
LOURENZÁ E VALADOURO, OS ÚNICOS CON SALDO NEGATIVO
No lado oposto, Lourenzá, cun 98,93% de taxa de carga de poboación, e O Valadouro, son os dous únicos municipios da bisbarra da Mariña Lucense nos que o saldo poboacional estivo por debaixo no terceiro semestre do ano respecto ao número de residentes habituais; -24 e -36, respectivamente.
A MARIÑA, CON 72.701 RESIDENTES, ASUMIU 80.736 PERSOAS
A nivel global, A Mariña acolleu no terceiro semestre do 2017 un total de 80.736 persoas nos 16 concellos – incluído Riotorto, computado na comarca de Meira nas estatísticas do IGE-, por 72.701 residentes, resultando unha taxa de carga de poboación do 109,81%.
PERNOITAS
No tocante á carga de poboación que pernoita, en Ribadeo rexistráronse neste período 735, o que supón o 7,54% dos seus 9.754 habitantes. Por detrás sitúase Barreiros co 7,20% e chama atención Trabada, quizais polo impacto do Camiño de Santiago, con 77 pernoitas por 1.153 habitantes (6,68%). O seguinte municipio é Viveiro, co 2,22%.
27048 Barreiros | 2.971 | 214 | 7,20 |
27051 Ribadeo | 9.754 | 735 | 7,54 |
27061 Trabada | 1.153 | 77 | 6,68 |
O IMPACTO DO VERÁN NA DEMOGRAFÍA
O IGE destaca que durante o primeiro, segundo e cuarto trimestre de 2017, a maioría dos concellos tiveron un saldo poblacional negativo, máis de 230, o que supón que sae máis poboación deles da que chega. Con todo, no terceiro trimestre a situación invírtese, e o saldo poblacional é positivo en máis de 250 municipios.
Así, no cuarto trimestre do ano só en Burela (101,49%), Foz (102,56%), Cervo (105,33%), Barreiros (104%), Ribadeo (104,13%) e Trabada (101,22%), a taxa de carga poboacional sube do 100%. Nos outros dez municipios mariñaos, a poboación cae.