IniciosociedadeUn xulgado recoñece como persoal laboral fixo a dous operarios do GES...

Un xulgado recoñece como persoal laboral fixo a dous operarios do GES da Pontenova

Segundo expón a CIG, as sentenzas declaran "fraudulenta" a contratación dos traballadores polo Concello, que "lles renova o contrato ano a ano desde 2013"

Publicada o

- Advertisement -

A Confederación Intersindical Galega (CIG) anunciou este venres que o Xulgado do Social número 3 de Lugo vén de decretar a fixeza de dous operarios do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Pontenova.

Segundo expuxo o sindicato, as sentenzas declaran “fraudulenta” a contratación dos traballadores polo Concello da Pontenova, que “lles renova o contrato ano a ano desde 2013. A realización de funcións estructurais e o cumprimento dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade no acceso á súa praza, tras superar un proceso público de selección para a súa contratación, convirte aos mesmos en persoal laboral fixo do municipio”, explica a central.

A CIG denuncia que este tipo de situacións “danse de forma prácticamente xeral en todos os concellos que disponen deste servizo, pois deriva dunha concepción irresponsable por parte das administracións implicadas, tanto da Xunta de Galicia como das Deputacións, da Fegamp e do executivo local do municipio que é sé”.

“CONCEPCIÓN IRRESPONSABLE” DAS ADMINISTRACIÓNS

Segundo Lois Neto, secretario da organización en Lugo-A Mariña, “dunha banda o obxectivo da Xunta é dar unha suposta cobertura de servizos de emerxencias a zonas nas que non chegan os parques de Bombeiros, e por outra banda os concellos, co beneplácito de Deputacións e Fegamp, acollen estes grupos coa intención de posuír peóns baratos para a realización de todo tipo de tarefas”.

Neto sostén que “para todas estas administracións” o “de menos” é que “a poboación conte cuns servizos de emerxencias eficientes, profesionais e correctamente equipados“. 

Deste xeito, desde a CIG convidan ao persoal dos distintos GES que hai na provincia “a que se animen a demandar a súa condición de persoal laboral fixo”, e animamolos a que consulten no sindicato a súa situación e as súas posibilidades ao respecto de obter a condición de fixeza.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...