Máis de 40 postos rexistrados, 18 deles con tipos distintos de mel, participarán na feira do Valadouro dedicada ao produto, que se celebrará o 12 de outubro.
Once serán os produtores locais que mostrarán o resultado do seu traballo na rúa Andrés López Palmeiro, acompañados doutros expositores chegados desde Friol, Ourense, A Fonsagrada, Viveiro e Asturias.
Paralelamente ao produto estrela do municipio dentro do Mercado de Outono, os visitantes atopasen postos de artesanía, castañas ou cosmética natural. A asociación
Afruval (Asociación de Fruticultures do Val) ofrecerá nun posto mazá ecolóxica
producida no Valadouro e Alfoz.
MAIA GARCÍA E CANDELA RIVEIRA, AUTORAS DO CARTEL
Como en edicións anteriores, a base do cartel esta deseñada por alumnos do Centro de
Educación Infantil e Primaria Santa María do Valadouro. Nesta ocasión os deseños
son obra das alumnas Maia García e Candela Riveira de sexto curso. Os gañadores de
cada curso serán premiados dentro da conferencia que a Indicación Xeográfica Protexida “Mel de Galicia” ofrecerá para o alumnado do centro
educativo o vindeiro venres día 11 de outubro.