IniciosociedadeMedio Rural destinará dous millóns en axudas a 19 empresas forestais da...

Medio Rural destinará dous millóns en axudas a 19 empresas forestais da Mariña Lucense

A Consellería de Medio Rural resolveu subvencións para modernizar as instalacións e mercar equipos de produción

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia anunciou este luns que destinará case dous millóns de euros a 19 empresas forestais da Mariña Lucense a través dun programa de axudas para mellorar a competitividade do sector. En global, o investimento da Consellería de Economía, Emprego e Industria para subvencións ascenderá a 3,4 millóns de euros para un total de 33 firmas na provincia de Lugo, a fin de “mellorar a competitividade do sector”.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, deu conta da resolución pola que se conceden achegas a microempresas e pequenas e medianas empresas do sector para os investimentos realizados en zonas rurais en tecnoloxías forestais, e procesamento, mobilización e comercialización de produtos. O investimento subvencionable declarado polas 33 empresas lucenses beneficiarias ascende a 9,2 millóns de euros (9.256.958 euros), e a porcentaxe media da axuda ronda o 40%.

As empresas investiron na modernización das instalacións e dos medios de produción. Así, entre as actuacións subvencionadas destaca a compra de equipamento -adquisición de oito autocargadores, once procesadoras de madeira e seis cabezais taladores, entre outros- e acondicionamento das instalacións, como a mellora da protección contra incendios, a construción dun parque de almacenamento de madeira, ou a incorporación dun novo sistema automático de pesada.

A COMARCA, LÍDER DA PROVINCIA

Polo que respecta á distribución por comarcas, A Mariña é actualmente a comarca lucense con maior superficie forestal destinada ao aproveitamento madereiro e con maior volume de cortas. As 19 empresas suman preto de dous millóns de euros en axudas e de 5,3 millóns de investimento subvencionable.

Nas comarcas da Terra Chá e Meira, segundo expón a Xunta, hai sete empresas beneficiarias; suman un millón de euros en axudas para un investimento realizado de 2,8 millóns. Seis empresas máis son da comarca de Lugo, con axudas que ascenden a 417.000 euros para un investimento de un millón de euros. Por último, da zona sur hai unha empresa, que conta cunha axuda de 48.800 euros para un investimento de 122.000 euros.

10.000 EMPREGOS

Balseiro subliñou que estas axudas son xestionadas pola Axencia Galega da Industria Forestal, un instrumento creado hai dous anos “para impulsar o sector e facelo máis competitivo a través da innovación e a diversificación”.

Ao respecto, Balseiro destacou o peso que ten o sector forestal na provincia, que xera 3.000 empregos directos e 7.000 indirectos; no que vai de ano rexistráronse 2,9 millóns de metros cúbicos de madeira cortada nos montes de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...