IniciosociedadeFoz pide precaución na Avenida da Mariña e Álvaro Cunqueiro, onde colocará...

Foz pide precaución na Avenida da Mariña e Álvaro Cunqueiro, onde colocará bolardos e pasos de peóns

O Concello adxudica a instalación destes elementos e da sinalización e lembra que se trata de rúas de prioridade peonil, polo que os coches "deben deterse ante o paso dos viandantes"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz adxudicou o contrato de modificación e axuste da sinalización das rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña á empresa Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, S. A.

As obras consistirán na disposición de pasos de peóns, reforzo da sinalización horizontal e vertical e colocación de bolardos como elementos de defensa para reducir o risco de atropelos nunha calzada na que non hai separación física entre peóns e vehículos.

Desde o goberno local pídese “precaución na circulación porque as rúas teñen prioridade peonil e os vehículos deben deterse ante o cruce dun peón ata que se dispoñan as novas medidas”. As obras desenvolveranse, expón o executivo municipal, “á maior brevidade posible, unha vez finalizados todos os trámites administrativos”.

A AVENIDA DA MARIÑA, PUNTO CONFLITIVO

Ao longo dos últimos meses producíronse varios accidentes na Avenida da Mariña, como un atropelo a finais de agosto ou, esta mesma semana, un accidente con tres coches implicados saldado unicamente con danos materiais.

“MÁIS SEGURIDADE”

Estas obras complementarán o cambio de sentido da rúa Álvaro Cunqueiro, “grazas ao que se evitaron os grandes atascos de saída do pobo que se produciran no verán do 2018″, argumenta o Concello, que cre que as modificacións “permitirán unha maior seguridade a todos os usuarios do centro de Foz”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...