IniciosociedadeO BNG denuncia "irregularidades" no servizo e "abusos laborais" na residencia de...

O BNG denuncia “irregularidades” no servizo e “abusos laborais” na residencia de Cervo

O Bloque dubida de que Mensajeros de la Paz cumpra o contrato de adxudicación, dado que persoal de xeriatría "fai tarefas de enfermería" e o calendario das obreiras "impídelles conciliar"

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Cervo denunciou o pasado xoves no pleno “irregularidades” que “poderían constituír o incumprimento do prego de condicións” acordadas para ceder a xestión do centro de día-residencia de San Cibrao Mensajeros de la Paz, no tocante á calidade do servizo ou ao calendario laboral das traballadoras.

O voceiro dos nacionalistas cervenses, Diego Fernández, expuxo que “a empresa usa o local de enfermería como unha habitación individual”. O concelleiro frontista afirmou tamén que “o persoal desta especialidade foi substituído polo de xeriatría, non capacitado para cumprir determinadas funcións”.

Así mesmo, o partido frontista denunciou “abusos” por parte da adxudicataria do servizo co cadro de persoal, “que non conta con calendarios laborais a longo prazo senón mensuais, que poden ser modificados a criterio da empresa sen previo aviso, co que se dificulta enormemente a conciliación familiar do seu persoal e mesmo pode crear problemas na calidade do servizo“.

Fernández criticou as actuacións “pouco éticas” e a “falta de rigor profesional” da concesionaria do servizo, dado que se están a producir “irregularidades graves”.

“ABANDONO” E “OPACIDADE” DO CONCELLO

Os nacionalistas acusaron ao executivo muncipal de “mirar para outro lado” diante desta situación. Así, preguntaron ao Concello se “coñece estas irregularidades, se está de acordo ou pensa solucionalas“. Fronte ao “desinterese” e “abandono” do goberno local, o partido frontista lémbralle que “ten a obriga de velar polo cuprimento do prego de condicións da privatización”.

Fernández criticou tamén a “opacidade” da comisión de seguimento do centro de día e residencia. “Descoñecemos o contido desas reunións das que se levantan actas pero non se fan públicas, polo que reclamamos o noso dereito a coñecer o seu contido”, demandou.

O GOBERNO LOCAL REUNIRASE COS OBREIROS E A EMPRESA

A edil de servizos sociais de Cervo, Pilar Armada, asegurou neste sentido que a residencia “é unha prioridade” para o goberno local, que vai “intensificar a supervisión deste servizo plantexando unha reunión cos traballadores e coa empresa para contrastar con eles a veracidade” das denuncias do Bloque.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...