IniciosociedadeDenuncian que as adxudicatarias tentan "descolgarse" do convenio de ambulancias na provincia

Denuncian que as adxudicatarias tentan “descolgarse” do convenio de ambulancias na provincia

As empresas que subrogarán o persoal dos tres lotes do novo contrato "ameazan" aos obreiros con peores condicións de horario, salariais e de seguridade laboral, alerta a central

Publicada o

- Advertisement -

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou este luns que diante da entrada en vigor dos novos contratos para o transporte sanitario urxente da Fundación Pública de Urgencias Sanitarias de Galicia (FPUSG)-061, previstos para o vindeiro día 16 de Outubro de 2019, as empresas adxudicatarias da provincia de Lugo están a tratar de realizar “un descolgue encuberto do convenio colectivo para o transporte de enfermos e accidentados en ambulancia de Galicia”.

As empresas entrantes que terán que efectivizar a subrogación do persoal dos lotes correspondentes (o 7, Área de Lugo, UTE Servicios Sanitarios de Monforte SL, Sanitaria Lucense de Transportes SL, e Luis Iglesias Carreira SL; 8, Area da Mariña Lucense, UTE Ambulancias Burela SL e Sanitaria Lucense de Transportes SL; e o 13, Área Valdeorras/Verín/Lemos, UTE Ambulancias Sil, Sanitaria Lucense de Transportes SL e Servicios Sanitarios de Monforte SL) á provincia de Lugo, “están a ameazar ó persoal do sector con modificacións relativas á xornada laboral, incumprimentos no ámbito económico e mesmo de seguridade e saúde laboral”.

O SINDICATO ACUSA Á XUNTA DE PERMISIVIDADE

A central nacionalista considera que son dous feitos “particularmente graves tendo en conta os precedentes, posto que estas mesmas empresas son as actuais prestadoras de servizos dos anteriores contratos, ós que concorreron temerariamente por debaixo dos custes laborais co beneplácito da Xunta de Galicia”.

Doutra, sinala a CIG reviste tamén unha “grande temeridade” porque na actualidade “a lexislación vixente non permite este tipo de falcatruadas”, polo que estes anuncios en vésperas da subrogación dos novos contratos “pretenden disfrazar un intento de descolgue encuberto do vixente convenio e prender de novo a conflitividade no sector do persoal das ambulancias”.

A central fai un chamamento ás empresas do sector na provincia para que, “no inmediato, se sitúen no carreiro das obrigas contraídas no cumprimento das condicións da subrogación e no marco do actual convenio”, así como á Xunta de Galicia, “a situarse no bando dos que non miran para outro lado diante de incumprimentos nas condicións laborais deste sector”. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...