IniciosociedadeO Mes da Maxia na Mariña volve o 25 de outubro con...

O Mes da Maxia na Mariña volve o 25 de outubro con 17 propostas culinarias e catro artísticas

Os magos Teto, Kiko, Rafa e Pi amenizarán cos seus trucos os menús da oitava edición do programa, que incluirán opcións para nenos, vexetarianos e veganos

Publicada o

- Advertisement -

O Mes da Maxia na Mariña Lucense, que cumprirá este outono a súa oitava edición, volve entre o 25 de outubro e o 30 de novembro, a excepción da ponte dos días 1 ao 3 deste último mes.

A delegación territorial da Xunta de Galicia en Lugo acolleu este xoves a presentación do evento, nun acto no que participaron o delegado do Goberno galego na provincia, José Manuel Balseiro; Alfredo Llano, presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña lucense; Tania Hermida, axente de desenvolvemento turístico da Mancomunidade; Antonio Graña, director do Parador de Turismo de Ribadeo; Lucas Requejo, delegado da Fundación Ecotur -organizadora do programa-, e os magos Teto e Rafa, dous dos artistas que actúan nesta iniciativa.

CEA E ESPECTÁCULO, A 25/30 EUROS POR COMENSAL

O programa conxuga ilusionismo e gastronomía. Os establecementos participantes ofrecen menús con produtos galegos de tempada mentres os magos realizan “maxia de preto” entre prato e prato polas mesas, para culminar cun espectáculo final ao remate da cea. Participan 17 establecementos hostaleiros -como restaurantes, hoteis e casas de turismo rural- e os magos Rafa, Teto, Kiko e Pi.

Os prezos dos menús, que inclúen as ceas e os espectáculos de maxia, oscilan entre os 25 e os 30 euros. As persoas interesadas poden consultar previamente co establecemento as posibles opcións para menú infantil, vegano, vexetariano e outras alternativas.

17 ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES

A Marquesa (Burela), A Garita (Ourol), Casa do Fidalgo (A Pontenova), O Noso Lar (San Cibrao), Javier Montero (Ribadeo), Vila do Val (O Valadouro), Rincón do Mis (Foz), O Mazo de Ferreiravella (Riotorto), Parador de Ribadeo, Area Grande (O Vicedo), Camiño Norte (Trabada), O Lar (Foz), A Penela (Mondoñedo), A Yenka (Barreiros), Val do Naseiro (Viveiro), O Almacén (Cervo) e O Cabazo (Ribadeo) son os 17 establecementos participantes. 

Podes consultar as datas, os magos e os menús de cada proposta nesta ligazón.

IMPULSO PARA A HOSTALERÍA EN TEMPADA BAIXA

Os participantes coincidiron en sinalar que este é un evento único en canto ao formato, que contribúe a “diversificar, descentralizar e desestacionalizar” a oferta turística da Mariña, ao tratarse dunha proposta conxunta que percorre os concellos mariñaos nun mes de tempada baixa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...