IniciosociedadeAs orquestras e o PP piden a declaración das festas parroquiais como...

As orquestras e o PP piden a declaración das festas parroquiais como BIC

Os conservadores levarán unha proposición non de lei ao Parlamento galego para "protexer e impulsar" as patronais, que son "un fenómeno cultural inmaterial de seu"

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Galega de Orquestras (AGO) e o Partido Popular (PP) pedirán á Xunta de Galicia a declaración das festas parroquiais como Ben de Interese Cultural (BIC), segundo anunciaron este xoves nunha rolda de prensa en Mondoñedo.

O presidente de AGO, Manuel Fariña, e a avogada da agrupación, Raquel Grela Barreiro (Auren), espuxeron que as festas patronais de Galicia son “un fenómeno cultural inmaterial de seu, que recolle toda unha serie de costumes, vivencias e modos de organizar o tempo de lecer do noso país. Unha tradición de longa historia que chegou aos nosos días principalmente pola implicación desinteresada do pobo, das xentes que conforman as diferentes comisións de festas que existen en cada parroquia”, conclúen. 

Deste xeito, argumentan que “deixar desaparecer as festas parroquiais suporía perder un dos nosos signos de identidade e, precisamente para evitalo, tomamos esta iniciativa ao entender que a declaración como BIC contribuiría a estimular o desenvolvemento de políticas de estudo, protección e impulso das mesmas”.

Pola súa banda, as deputadas do grupo parlamentario conservador Raquel Arias e Sandra Vázquez avanzaron a proposta para debater no Parlamento galego unha proposición non de lei (PNL) co obxectivo de instar ao Executivo autonómico a que recoñeza ás festas parroquiais galegas como Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia na súa categoría de BIC.

CANDIA DESTACA O “ARRAIGO” DAS CELEBRACIÓNS

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, defendeu “o arraigo ao longo do tempo” das festas parroquiais que constitúen “unha tradición cultural viva que contribúen decisivamente na identidade e a cohesión social da veciñanza dos pobos e vilas de Galicia”, durante a presentación de dúas iniciativas que, de forma conxunta, teñen como obxectivo acadar a declaración da festa parroquial ou patronal galega coma BIC.

INICIO DAS SAN LUCAS

A alcaldesa mindoniense manifestou a súa satisfacción polo feito de “elixir Mondoñedo como lugar para facer este anuncio coincidindo, ademais, co inicio das San Lucas este ano. Non en van, son as feiras e festas máis antigas de Galicia que se veñen celebrando ininterrompidamente dende o ano 1156 na cidade episcopal”, expuxo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...