Burela mostra unha das súas alfombras nun encontro internacional en Bueu

Participaron na cita de arte efímero alfombristas de Galicia, Cataluña, Canarias ou Italia

A expedición burelesa co deseño, no que se ve o Torques e a pesca do bonito á cacea. AXM

A asociación que confecciona as alfombras florais das festas patronais de Burela estivo presente no Encontro Internacional de Alfombristas que se celebrou en Bueu. A agrupación espuxo un dos seus traballos nunha cita que mostrou tapices de Galicia, Barcelona, Tenerife ou Italia

O deseño que realizaron os alfombristas bureleses foi unha homenaxe ao municipio, con referencias á pesca do bonito ou ao torques.

“DIVULGACIÓN”

O concelleiro de turismo, Ramiro Fernández, acudiu á cita. O edil resaltou “o traballo de divulgación que fixo esta representación das alfombras de Burela. Oxalá que sigan participando nestes encontros que poñen o nome do noso concello no mapa”, sinalou.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here