Un desfile e unha churrascada animarán a presentación da Festa Normanda

O acto, organizado pola asociación Desembarco Normando, celebrarase na Praza Conde de Fontao o 24 de xullo

Momento da Festa Normanda. TURISMO DE FOZ

Un desfile e unha churrascada servirán para presentar a oitava edición da Festa Normanda de Foz.

O acto de presentación, organizado pola asociación Desembarco Normando coa colaboración do Concello, a Deputación e o Centro Comercial Abertoserá o martes 24 de xullo, e comezará ás 20.00 horas na Praza Conde de Fontao.

A presentación arrincará cun desfile no que os talleres de confección Rosana & Pili, de Foz, e O Nabiño, de Mondoñedo, mostrarán as súas creacións.

Ao remate haberá unha churrascada no paseo da Ribeira, con música a cargo de Dambara e o DJ Dani Rego. O prezo da ración -composta de churrasco, chourizo, pan e viño– será de sete euros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here