IniciosociedadeO Goberno prevé rematar o novo aparcadoiro de cen prazas en Mondoñedo...

O Goberno prevé rematar o novo aparcadoiro de cen prazas en Mondoñedo a mediados do 2020

O Executivo licitou en 131.000 euros o proxecto impulsado polo Concello a fin de liberar o casco histórico do tráfico rodado

Publicada o

- Advertisement -

O Goberno central, tal e como publica hoxe o Boletín Oficial do Estado (BOE), licitou as obras de acondicionamiento de tres parcelas para aparcadoiro de cen prazas na Travesía Casas Novas, número 3, en Mondoñedo, cun importe de licitación que ascende a 131.174 euros.

Segundo o Ministerio de Fomento, as obras iniciaranse “a principios de 2020” e o prazo de execución será de cinco meses. Os traballos van dirixidos ao axeitamento dunha parcela libre, próxima ao centro, para que os visitantes da cidade poidan aparcar os seus vehículos, liberando o casco histórico da súa circulación. Intervirase tamén no acceso ao terreo.

Plano do proxecto. AXM

4.000 METROS CADRADOS DE TERREO

O Executivo central aprobou no pasado mes de marzo o proxecto impulsado polo Concello, que propuxo a creación dun aparcadoiro dunhas cen prazas detrás da igrexa nova, cunha superficie de case 4.000 metros cadrados. No proxecto inclúese a instalación dun patio axardinado cunha pérgola naturalque oculte os vehículos e minimice o seu impacto visual.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...