IniciosociedadeO PP denuncia que un policía de San Cibrao acabou cun brazo...

O PP denuncia que un policía de San Cibrao acabou cun brazo roto nas protestas de Barcelona

O axente foi intervido este luns e a operación "saíu segundo o previsto". Será trasladado a Galicia "nuns días" para continuar coa súa recuperación.

Publicada o

- Advertisement -

PP denunciou este luns que un axente da Unidade de Intervención Policial (UIP) natural de San Cibrao foi hospitalizado cun brazo roto e está  agardando ser intervido.

Así o anunciou o candidato do Partido Popular ao Congreso, Joaquín García Díez, que participou este luns diante a Comisaría da Policía Nacional de Lugo nunha concentración en sinal de apoio aos axentes despregados estes días desde tódolos lugares de España a Cataluña.

García Díez amosou o seu agradecemento “ao labor” que están a desenvolver os axentes facendo fronte a “unha violencia incomprensible porque vai máis alá dunha ideoloxía política e trata de violentar e tratar de romper a convivencia entre españois e cataláns”.

No nome dos conservadores lucenses, García Díez desexou unha pronta recuperación aos axentes hospitalizados e recordou, especialmente, “a un axente galego que se atopa ingresado na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) e ao seu compañeiro de San Cibrao que forma parte da UIP tamén hospitalizado cun brazo roto”.

O lucense foi intervido este luns para instalarlle unha placa e seis parafusos no brazo dereito. A operación “saíu segundo o previsto” e os seus compañeiros apuntan a que será trasladado a Galicia “nuns días” para continuar coa súa recuperación.

Membros do PP, ante a comisaría de Viveiro. AXM

CONCENTRACIÓNS

García Díez estivo acompañado doutros membros do Partido Popular lucense coma o deputado provincial José Pardo Lombao; pero os populares sumáronse tamén a outros actos públicos que se desenvolveron en distintas comisarías da provincia. Os deputados provinciais Javier Castiñeira e Jesús Novo asistiron á concentración en Viveiro xunto aos concelleiros do PP viveirense; mentres que o deputado provincial José Antonio García participou na concentración sarriá.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...