O que fora vicepresidente do Goberno central, Alfonso Guerra, ofrecerá unha charla o vindeiro venres, 25 de outubro, no salón de actos da casa de cultura de Castropol, ás 19.30 horas.
Guerra, man dereita de Felipe González e un dos políticos máis relevantes da historia recente do Estado español, impartirá a conferencia ‘A España na que creo. En defensa da Constitución‘, do mesmo título que o ensaio que vén de quitar.
O político socialista será presentado polo ex presidente do Goberno de Asturias, Javier Fernández. A conferencia será aberta ao público ata completar aforo.
MÍCHEL, FEIJÓO OU O XUÍZ CALATAYUD, OUTROS RELATORES
A charla é un dos eventos organizados dentro do premiado proxecto Foro Comunicación y Escuela do Instituto de Educación Secundaria (IES) Elisa y Luis Villamil. O ex futbolista e adestrador Míchel ou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo foron algúns dos relatores que participaron no programa, no que tamén se inclúe unha conferencia do xuíz de menores Emilio Calatayud.