Alfonso Guerra ofrecerá o venres unha charla aberta ao público en Castropol

Dentro dos actos do Foro Comunicación y Escuela, o ex vicepresidente do Goberno presentará o ensaio que vén de quitar, sobre a Constitución

Alfonso Guerra. EFE/LUCA PIERGIOVANNI

O que fora vicepresidente do Goberno central, Alfonso Guerra, ofrecerá unha charla o vindeiro venres, 25 de outubro, no salón de actos da casa de cultura de Castropol, ás 19.30 horas.

Guerra, man dereita de Felipe González e un dos políticos máis relevantes da historia recente do Estado español, impartirá a conferencia ‘A España na que creo. En defensa da Constitución‘, do mesmo título que o ensaio que vén de quitar.

O político socialista será presentado polo ex presidente do Goberno de Asturias, Javier Fernández. A conferencia será aberta ao público ata completar aforo.

MÍCHEL, FEIJÓO OU O XUÍZ CALATAYUD, OUTROS RELATORES

A charla é un dos eventos organizados dentro do premiado proxecto Foro Comunicación y Escuela do Instituto de Educación Secundaria (IES) Elisa y Luis Villamil. O ex futbolista e adestrador Míchel ou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo foron algúns dos relatores que participaron no programa, no que tamén se inclúe unha conferencia do xuíz de menores Emilio Calatayud.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here