IniciosociedadeO policía de San Cibrao ferido nas protestas en Barcelona foi operado...

O policía de San Cibrao ferido nas protestas en Barcelona foi operado e volverá a Galicia nos vindeiros días

O axente, de 44 anos, foi intervido o pasado luns da rotura do brazo dereito

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O axente vigués Iván Álvarez evoluciona favorablemente, responde aos estímulos e entende cando se lle fala, aínda que permanece con respiración asistida, segundo informou o sindicato SUP en Twitter.

Mentres, o axente da brigada de Intervención da Coruña, Ángel Lage, natural de San Cibrao e de 44 anos, foi intervido o pasado luns segundo o previsto e colocáronlle no brazo dereito unha placa e seis tornillos.

A previsión, segundo apunta o SUP, é que sexa trasladado a Galicia nos próximos días.

Álvarez é o ferido máis grave dos disturbios en Cataluña como consecuencia dunha fractura na base do cráneo por un forte impacto.

O AXENTE VIGUÉS CUNHA FRACTURA CRANEAL “EVOLUCIONA FAVORABLEMENTE”

O xefe superior de Policía de Galicia, José Luís Balseiro, destacou onte que o ánimo dos 260 efectivos policiais despregados en Cataluña procedentes de Galicia é “moi bo” porque forman parte dunhas unidades, as UIP, con “cunha ampla rodaxe en conflitos de orde pública. Para eles é o seu traballo ordinario”, afirmou.

Preguntado por canto tempo permanecerán as cinco UIP de Galicia en Cataluña, contestou que dependerá do que decidan os máximos responsables do operativo.

Tanto Álvarez como Lage recibiron o apoio desde a distancia en concentracións organizadas ante as comisarías da Policía Nacional en Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...