IniciosociedadeViveiro recibirá cunha degustación de pescada aos peregrinos de Navega el Camino

Viveiro recibirá cunha degustación de pescada aos peregrinos de Navega el Camino

Os 80 participantes da travesía a vela cara Santiago pasarán o 22 de xullo na Cidade do Landro

Publicada o

- Advertisement -

A flota da terceira Travesía Navega el Camino parará de novo en Viveiro. Os 80 tripulantes das 30 embarcacións participantes nesta aventura, que consta de once xornadas a vela e unha a pé desde Hondarribia ata Santiago de Compostela, chegarán á Cidade do Landro o sábado 21 e o domingo 22 pasarán un día de descanso no municipio.

VISITA AO MUSEO DO MAR

O Concello de Viveiro preparou varias actividades para mostrar os recursos turísticos non só do municipio, senón da Mariña. Así, os participantes visitarán pola mañá o Museo do Mar de San Cibrao, en Cervo, e poderán coñecer a historia da pesca de baleas na bisbarra.

SHOWCOOKING

Pola tarde, os peregrinos asistirán a unha visita guiada polo casco histórico. Será ás 17.45 horas, antes dun showcooking que terá lugar nos claustros de San Francisco. Alí, os participantes da travesía poderán degustar pescada do pincho e ensalada de algas.

ACTUACIÓN DE SONS DE CELEIRO

Ás 21.00 horas, o grupo Sons de Celeiro porá música á noite e pechará a xornada. A flota marchará de Viveiro o luns 23, ás 9.00 horas, con destino Cedeira.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...