IniciosociedadeO medio rural galego no século XXI, a debate nas Xornadas da...

O medio rural galego no século XXI, a debate nas Xornadas da Terra de Miranda

Riotorto acollerá o venres e o sábado a terceira edición do foro de debate

Publicada o

- Advertisement -

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e o presidente de Nova Escola Galega (NEG), Xosé Lastra, presentaron esta mañá as terceiras Xornadas da Terra de Miranda, un encontro de debate sobre o medio rural organizado pola asociación pedagóxica coa colaboración da Área de Cultura do goberno provincial que se celebrará os vindeiros 25 e 26 de outubro no Centro Sociocultural Avelino Díaz de Riotorto.

O programa inclúe relatorios e mesas redondas a cargo de diferentes persoas e colectivos do eido educativo, económico e social da Terra de Miranda -Riotorto, A Pontenova, Meira e Trabada– que exporán as súas experiencias e iniciativas en relación co desenvolvemento rural.

No cartel da xornada, destacan as conferencias de Narciso de Gabriel, pedagogo e autor de investigacións sobre a escola rural e da obra Elisa e Marcela, e do economista e político Xosé Manuel Beiras, cun relatorio arredor das ‘Claves para interpretar o medio rural galego do primeiro cuarto do século XXI‘.

O presidente da NEG subliñou que as xornadas explicou que as xornadas “foron mellorando ano a no o seu programa e a súa capacidade de convocatoria, ata involucrar nesta edición a unha vintena de asociacións e colectivos culturais da zona”. “Agardamos que este encontro sirva tamén como punto de inicio para desenvolver algunha acción conxunta en relación coa problemática do rural desde a Terra de Miranda”, concluíu.

POR UNHA “ESTRATEXIA GLOBAL DE DESENVOLVEMENTO”

Ferreiro agradeceu á NEG a “organización deste foro para analizar a situación do medio rural, dando voz ás persoas que traballan nel e visibilidade ás iniciativas que desenvolven. Son exemplo de que hai un futuro posible no rural pero cómpre unha estratexia global de desenvolvemento da que aínda carecemos. Esa posta en común de experiencias desde o ámbito educativo, que é central en calquera sociedade, debería servirnos para avanzar nesa dirección antes de que sexa máis tarde”, subliñou.

Á presentación asistiron o alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, o alcalde da Pontenova, Darío Campos, e o alcalde accidental de Meira, Agustín Méndez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...