Un obradoiro de clown para os grupos de Aspanane e Eu Son abre a segunda edición de Superarte

A mostra de teatro feito por persoas con diversidade funcional celebrarase os días 25, 26 e 27

Obradoiro de clown en Superarte para usuarios de Aspanane e Eu Son. AXM

O actor e director Xosé Leis impartiu este martes un obradoiro de clown para os grupos de teatro de Aspanane e Eu Son, que abriu as actividades de Superarte

A mostra de teatro feito por persoas con diversidade funcional pretende deixar pegada no territorio da man de obradoiros, charlas, exposicións, contacontos e obras de teatro que visibilicen o traballo dos colectivos locais, conciencien á poboación e favorezan a integración real das persoas.

A presenza do youtuber xordo Iván Vázquez, de Familia Vazquez TV, que ofrecerá o pregón da mostra e charlas no IES María Sarmiento e no Ceip Lois Tobío; un obradoiro de iniciación á lingua de signos ou a obra ‘Los Pensadores’ interpretada pola compañía de teatro de persoas xordas El Grito son algunhas das actividades do programa, que podes consultar completo nesta ligazón.

MOCHILAS VIBRATORIAS

Todas as actividades contarán con interpretes das lingua de signos e mochilas vibratorias cedidas polo Concello de Nigrán para favorecer a accesibilidade da mostra ás persoas xordas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here