O Concello de Lourenzá anunciou que ampliará os servizos a persoas dependentes e de libre concorrencia ofrecendo podoloxía e fisioterapia gratuítos para todos os usuarios.
Segundo precisou a concellería de servizos sociais de Lourenzá, a partir do vindeiro mes de novembro un especialista en podoloxía e outro en fisioterapia realizarán estes servizos a domicilio. Esta semana, a edil, Mercedes Dengra, e a técnico social visitaron aos usuarios para ofrecer estas posibilidades, “que teñen moi boa acollida“.
“PRIORIDADE” PARA O EXECUTIVO MUNICIPAL
Dengra afirmou que “a atención aos nosos maiores e dependentes é unha das nosas prioridades e por iso se poñen en práctica medidas coma esta para mellorar a calidade e o benestar social de todos os veciños e veciñas do municipio usuarios deste servizo”.