IniciosociedadeLoureiro di que "non pode haber servizos" sen "facilitar o pago da...

Loureiro di que “non pode haber servizos” sen “facilitar o pago da débeda” e acusa ao PP de “confundir”

A alcaldesa de Viveiro afirma que a modificación do plan de pago a proveedores era "de obrigado cumprimento" e lembra aos conservadores que "xa aprobaron medidas similares no Goberno"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro respondeu este xoves ás críticas do PP en relación coa aprobación da ampliación nun ano do plan de pago a proveedores, que o executivo sacou adiante en solitario no pleno extraordinario do pasado mércores, coa abstención de BNG e Son Viveiro e co rexeitamento de Por Viveiro e do grupo conservador. 

A alcaldesa, a socialista María Loureiro, sinalou que o pasado 11 de outubro “recibiuse un correo electrónico do Ministerio de Facenda comunicando a apertura de prazo ata o 22 de outubro para solicitar a agrupación nun único préstamo dos formalizados ata o 31 de decembro de 2018 cos distintos compartimentos do FFEELL, incluídos os correspondentes ao Fondo en liquidación para a Financiación dos Pagos a Proveedores, situación na que se atopa este concello”. 

A rexedora explicou que a medida referida “é de obrigado cumprimento, non obstante requírese a solicitude de adhesión para a formalización da nova operación agrupada, aprobada polo Pleno, e a adaptación dos plans de axuste recollendo os efectos derivados da citada agrupación”, expuxo.

CIFRA A DÉBEDA EN DEZ MILLÓNS A FINAL DE ANO

Segundo afirmou Loureiro, o Concello de Viveiro pechará o ano 2019 “cun importe en préstamos bancarios de 10,036 millóns de euros, divididos en 7,9 do Plan de Pago a Proveedores, e de dúas operacións anteriores, das cales restan 2,48 millóns de euros, estando estas dúas últimas en período de amortización. Non son os once millóns que mencionou o PP de Viveiro na súa rolda de prensa”, remarcou a rexedora.

Loureiro asegura que a medida “pode ser un flotador que permita manter servizos xerais, cultura, obras ou deporte, ao tempo que se compaxina o día a día da actividade municipal coa redución de débeda, que este concello xa rebaixou dende 2014 en preto de catro millóns de euros“. Así, salienta que “medidas desta índole xa as aplicou o Partido Popular gobernando en España anteriormente”.

“O grupo municipal do PP quere que se reabra a OMIC ou que a piscina non peche nin os domingos nin os festivos, entre outras cuestións; pero non é compatible todo o que se pide e o mantemento dos servizos, se non se aproban medidas coma este que facilitan o pago da débeda e que neste caso, ademais, como xa se dixo, é de obrigado cumprimento”, sinalou.

Así, Loureiro pediu ao Partido Popular “que deixe de enmarañar tentando confundir aos veciños, votando en contra desta medida, cando a pregunta que cabe lanzar ao aire é se vostedes votarían igualmente en contra se o Goberno central fose do PP”.

HORARIO DO PLENO EXTRAORDINARIO

O goberno local tamén foi obxecto de críticas por parte dos populares respecto ao horario de convocatoria do pleno extraordinario no que se aprobou a modificación da ampliación do plan de pago a proveedores, ás dúas da tarde. Loureiro indicou que “convocouse a comisión informativa e o pleno, extraordinario e urxente, tendo en conta o pouco tempo de manobra existente para a remisión do acordo cuxo prazo remataba, inicialmente, o día 22. Cando a comisión informativa e este pleno xa estaban convocados, o día 18 de outubro, a media mañá, recibiuse unha comunicación da FEMP indicando a ampliación do prazo ata o día 28. En ningún caso houbo oscurantismo nin falta de interese na transparencia“, argumentou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...