IniciosociedadeO alumeado de Nadal de Ribadeo contará con 800.000 luces LED e...

O alumeado de Nadal de Ribadeo contará con 800.000 luces LED e figuras en 3-D

O Concello licita un contrato bianual de 47.800 euros; en Burela, as luminarias acenderanse o 5 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

Os Concellos de Ribadeo e Burela anunciaron a colocación do alumeado do Nadal. Na vila burelá acenderase o 5 de decembro, mentres que o municipio ribadense contará con 800.000 luces led entre farolas, arcos, árbores e figuras en 3-D.

O goberno local de Ribadeo informou este venres da licitación dun contrato por dous anos, coa posibilidade dunha prórroga, cun investimento de 23.900 euros por exercicio. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen de 15 días naturais, de modo que o prazo remata o 9 de novembro; as condicións pódense comprobar na plataforma electrónica municipal.

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, anunciou que o executivo municipal “quixo dar un paso adiante” na decoración luminosa “para incrementar máis os espazos públicos de iluminación do Nadal, cambiando e renovando o aspecto das luminarias e incorporando novos elementos que confiemos sexan do agrado de todo o mundo”.

Suárez Barcia subliñou que “segundo os datos que me pasan os técnicos, se sumásemos todas as microluces que conforman a totalidade dos arcos, das iluminacións nas farolas, das iluminacións das árbores e das figuras en 3D, estaríamos aproximadamente nas 800.000 luces led en total, unha cifra importantísima e nunca chegada ata agora en Ribadeo”.

“IMPORTANTE” PARA QUE A XENTE “MERQUE”

Non imos ser como Vigo, que seguramente se vexa desde o espazo exterior a súa iluminación, pero a nós seguro que desde toda A Mariña Lucense e máis desde o Occidente asturiano se nos verá sen ningún problema”. O rexedor considera “importante que se nos vexa” para que a xente “siga vindo mercar ao noso comercio e a disfrutar da nosa hostalería, e en xeral dos servizos que ofrece Ribadeo”.

Segundo expuxo Suárez Barcia, o criterio de selección do adxudicatario “será o da oferta económica máis vantaxosa”.

INICIO DA CAMPAÑA DA ACIA BURELÁ

En Burela, o Concello expón que a empresa encargada colocará as luces durante o mes de novembro, por motivos de ocupación empresariais, pero o alumeado acenderase o 5 de Nadal, porque facelo antes “non está de acordo coa nosa filosofía de aforro enerxético”.

Será “un día especial para inauguralo, pero tamén para comezar coa programación que ten a Acia preparada para o vindeiro Nadal. Polo tanto, ese mesmo día imos inaugurar tanto o alumeado de todo o pobo como a árbore, que é propiedade dos comerciantes e que tamén se quere acender ese día”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...