IniciosociedadeRegal Cerámica mostrará as súas novidades na feira Artesanía no Prato

Regal Cerámica mostrará as súas novidades na feira Artesanía no Prato

A mostra coruñesa, que se celebrará os días 27 e 28 de outubro, evidencia a importancia dos produtos artesáns para a hostalería e a restauración

Publicada o

- Advertisement -

Regal Cerámica participará os días 27 e 28 de outubro, por segundo ano consecutivo, na feira Artesanía no Prato, onde vai a a expoñer tódalas novidades, relacionadas coa alimentación, cerámica utilitaria e servicio para hostalería. A mostra, que se celebrará en Expocoruña, terá horario ininterrompido de 11.00 a 21.30 horas.

As xornadas nacen co obxectivo de converterse nun evento de referencia para a promoción e comercialización do produto artesanal galego, fomentando un espazo creativo desde o cal se desenvolven experiencias que evidenciarán o potencial do valor da artesanía no ámbito da hostelería e a restauración.

Regal Cerámica conta co certificado sanitario que acredita que toda a súa cerámica é válida para estar en contacto cos alimentos. Está libre de plumo e cadmio e de calquera tipo de esmalte tóxico.

41 OBRADOIROS ARTESÁNS

Nesta segunda  edición participarán 41 obradoiros artesanais que exporán unha selección dos seus produtos, focalizando a atención na experimentación con novos materiais, que permitirán estreitar lazos profesionais, crear novos contactos e servir como xermolo de proxectos futuros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...