InicioSucesosSuperarte medra na súa segunda edición para acadar repercusión "en toda Galicia"

Superarte medra na súa segunda edición para acadar repercusión “en toda Galicia”

O Concello de Viveiro sinala que asociacións de toda a comunidade ofrecéronse para participar na vindeira mostra de teatro feito por persoas con diversidade funcional

Publicada o

- Advertisement -

A segunda edición da mostra de teatro feito por persoas con diversidade funcional, Superarte, rematou o pasado domingo en Viveiro cun éxito de asistencia e participación.

Actividades como un encontro entre o ‘youtuber’ xordo Iván Vázquez, de Familia Vázquez TV, co alumnado viveirense; a posta en escena da primeira obra de teatro interpretada en lingua de signos en Viveiro, a cargo da compañía semiprofesional ‘El Grito‘; ou un concerto inclusivo no que persoas xordas poideron sentir a música con mochilas vibratorias cedidas polo Concello de Nigrán, foron algunhas das actividades programadas.

A empresa Entresignos, de tradución a linguaxe de signos, permitiu que todas as actividades contaran con intérpretes.

INCLUSIÓN

A sensación da consellería de cultura é que se deu un paso adiante cunha repercusión en toda Galicia; de feito, diversas asociacións de diversidade funcional puxéronse xa en contacto co Concello para interesarse e ofrecer a súa axuda de cara á organización do certame en 2020”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Segundo Loureiro, a iniciativa consolida a Viveiro como municipio “inclusivo e integradorDesde as administracións públicas temos que facer o posible para que as persoas con diversidade funcional convivan na sociedade con todos os seus dereitos e este certame pretende concienciar e sensibilizar á sociedade en xeral deste obxectivo, temos que comprender que é un traballo de todos”, concluíu a rexedora. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...