IniciosociedadeAxudicada a mellora das estacións de bus de Burela, Ribadeo e Viveiro

Axudicada a mellora das estacións de bus de Burela, Ribadeo e Viveiro

A Xunta atribuíu tamén obras nas terminais de Sarria e Monforte, por un importe total de case 660.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta publicou na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a adxudicación das obras de mellora das estacións de autobuses de Monforte de Lemos, Sarria, Burela, Ribadeo e Viveiro, con 658.966 euros de investimento.

Segundo avanzou o delegado territorial do Goberno autonómico en Lugo, José Manuel Balseiro, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou tamén na plataforma a adxudicación dos servizos complementarios de dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde destes traballos -por un importe de 18.150 euros- e a formalización do contrato de dirección das obras -13.866 euros-.

As actuacións afectarán a elementos estruturais das estacións, como cubertas, paramentos e pavimentos, e tamén a outras dotacións e servizos, co obxectivo de corrixir deficiencias e mellorar a comodidade e funcionalidade das terminais.

Contémplanse melloras nas cubertas, o acondicionamento de instalacións eléctricas e de iluminación, a reparación de pavimentos -principalmente na zona de circulación dos autobuses-, a realización de arranxos en aseos e falsos teitos das edificacións, o pintado de paramentos horizontais e verticais ou o amaño de cerramentos exteriores, así como reparacións de menor entidade segundo as necesidades detectadas en cada caso.

PRAZO DE EXECUCIÓN DE CATRO MESES

Tamén se inclúen melloras na dotación de equipamento, como pantallas informativas para proporcionarlles ás persoas usuarias máis detalles sobre horarios, servizos e liñas dispoñibles, ou novo mobiliario para facer máis cómoda a espera. O prazo de execución é de catro meses.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...