IniciosociedadeCaballero cre que a dotación de ambulancias da Mariña é "exigua" e...

Caballero cre que a dotación de ambulancias da Mariña é “exigua” e pídelle á Xunta “que rectifique”

O líder do PSdeG-PSOE reuniuse en Burela con técnicos do 061 e con enfermeiras eventuais

Publicada o

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, asegurou este mércores en Burela que a “dotación de ambulancias” para a comarca da Mariña é “exigua” e “hai recortes que agravan esa situación”, como “a eliminación dun técnico” da unidade medicalizada, “o que supón un retroceso moi importante” no que se refire ás dotaciones sanitarias da costa de Lugo.

Caballero fixo estas declaracións logo da “reunión de traballo” que mantivo este mércores en Burela co colectivo de enfermeiras eventuais e con profesionais do 061-Urxencias Sanitarias na Mariña.

Asistiron tamén ao encontro Patricia Otero e Julio Torrado, representantes dos socialistas no Parlamento galego, así como o candidato número 1 do PSOE ao Senado por Lugo, César Mogo, e a cabeza de lista ao Congreso pola provincia, Ana Prieto.

“Somos conscientes de que a sanidade pública galega ten moitas dificultades, derivadas das políticas de recortes“, engadiu Caballero, “e da mala xestión do goberno presidido por (Alberto Núñez) Feijóo“.

De feito, sinalou que “logo de doce anos de goberno do PP na Xunta de Galicia, temos unha sanidade pública galega na que os recortes, a privatización e a precarización provocaron un deterioro nos servizos sanitarios no conxunto do territorio”, problemas que foron a causa dunha “mobilización masiva da cidadanía galega”.

CRÍTICO COA SUPRESIÓN DA ÁREA SANITARIA

En canto á comarca da Mariña, dixo que ao eliminar a área sanitaria “os servizos sanitarios xa non están ancorados definitivamente ao territorio“, de modo que “para acudir ás operacións máis complexas e para ter todas as prestaciones sanitarias hai que desprazarse a outras zonas“.

Así mesmo, denunciou a situación na que se atopa o colectivo de enfermeiras eventuais que traballan na Mariña, unhas trescentas, que chegan a “ter decenas de contratos nun mesmo mes“, co que “a calidade dos servizos acaba sendo menor”. Caballero pediulle ao Goberno galego “que rectifique”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...