IniciosociedadeA CIG denuncia que o Pesca 2, con base en Viveiro, leva...

A CIG denuncia que o Pesca 2, con base en Viveiro, leva unha semana fóra de servizo

A central xulga "un enorme poblema de seguridade" a inoperatividade por avaría do helicóptero, que fai tarefas de servizo de gardacostas, inspección pesqueira e busca e salvamento

Publicada o

- Advertisement -

CIG denunciou este xoves que o helicóptero do servizo de Gardacostas de Galicia Pesca 2, con base en Viveiro e dependente da Xunta de Galicia, atópase fóra de servizo por avaría desde o pasado día 24 de outubro.

Para a Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte e Telecomunicacións (FGAMT) do sindicato nacionalista resulta “gravísimo” que o helicóptero que ten como misión o servizo de gardacostas, inspección pesqueira e busca e salvamento na costa da Mariña lucense e parte da Coruña se atope inoperativo, “pois isto supón un enorme problema de seguridade no mar”.

No caso de ocorrer unha emerxencia que precisase da súa intervención, esta zona, así como gran parte do interior de Galicia, “estarían sen recursos para lles facer fronte”, advirte Francisco Cartelle, da central.

ATRIBÚE A SITUACIÓN Á “PRIVATIZACIÓN” DO SERVIZO

A FGAMT-CIG pregúntase “se non contar con este recurso é o que o Goberno da Xunta de Galicia entende por garantir a seguridade dos mariñeiros e das mariñeiras” ou se “este é o xeito de garantir a seguridade da nosa frota. Unha vez máis, fica demostrada a enorme precarización que se produce ao privatizar servizos, neste caso dos máis básicos como son os que teñen por obxectivo manter a seguridade das persoas”, subliña.

O sindicato lembra que os helicópteros Pesca 1 (con base en Vigo) e Pesca 2 (con base en Viveiro) “foron vendidos pola Xunta á empresa concesionaria do servizo (Babcock MCS España), supostamente por quedárense xa obsoletos. Curiosamente estes aparellos son os que agora seguen a prestar o servizo e por estes dispositivos a Xunta paga un arrendamento á empresa adxudicataria”, explica.

DOTACIÓN DE 40 PERSOAS

A dotación de persoal do servizo de helicóptero está composto, entre pilotos, mecánicos e rescatadores, por unhas 40 persoas. No 2017, o persoal levou o premio a nivel mundial Polaris polas súas intervencións.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...