IniciosociedadeO Lar Gallego de Sevilla dedicará a Burela a súa caseta na...

O Lar Gallego de Sevilla dedicará a Burela a súa caseta na Feria de Abril

O Concello cre que é unha "oportunidade única" para promocionar a vila a nivel turístico

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela anunciou este xoves que o Lar Gallego de Sevilla dedicará ao municipio a súa caseta na Feria de Abril, que se celebrará do 26 dese mes ao 2 de maio de 2020. O goberno local fará promoción turística da vila no evento, segundo avanzou o concelleiro de turismo en funcións, Ramiro Fernández Rey.

O edil precisou que se trata “dunha invitación que nos fai o Lar Gallego de Sevilla para dedicar ao concello de Burela esta edición do evento no que se refire á súa caseta, que vai estar decorada con fotos e pinturas de Burela”.

O Lar Gallego de Sevilla, segundo explicou o goberno local burelao, é unha casa galega con máis de 800 socios, que conta cunha das casetas máis grandes das máis de un milleiro que congrega a Feira de Abril. “Por alí pasa moitísima xente, polo que é unha oportunidade única de promocionar Burela”, argumentou o concelleiro.

Fernández Rey considera que o convite ofrece “unha maneira estupenda de promocionar Burela e desde logo estamos agradecidos ao Lar Gallego por elixirnos para participar nestes actos. Imos estar alí con presenza institucional por suposto promocionando o municipio dentro das nosas posibilidades”, expuxo.

STAND NUN ENCONTRO DE CASAS REXIONAIS E PROVINCIAIS

Máis tarde, en outubro e tamén da man do Lar Gallego, Burela participará nun encontro de casas rexionais e provinciais que se celebra en Sevilla, ligado á Feira de Abril. “Imos ter alí un stand no que imos poder facer unha promoción turística de Burela e ademais teremos a posibilidade de que os nosos produtos sexan degustados en Sevilla”, indicou o edil.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...